lunes, 7 de febrero de 2011

Primeiro paso

        Hoxe comeza a funcionar o meu recanto das TICs e espero convertelo nunha ferramenta útil. Non só para min senón tamén para todos os que teñan interese por facer uso das novas tecnoloxías na súa práctica docente. Moitas veces non é doado atopar aquilo que realmente nos pode axudar e unha vez que atopamos unha aplicación ou un programa interesante, non sempre temos a posibilidade de anotalo ou de gardalo. Por iso creo que o blog pode ser unha opción para rexistrar todos estes descubrimentos. Ao longo do curso irei publicando ligazóns a diversos programas, a aplicacións, a videos, ou páxinas web que nos poden axudar a reforzar o ensino das nosas materias. Tamén incluirei enlaces aos titorias dos programas atopados. Na rede hai moitos recursos de descarga gratuíta para os que non precisamos ter licenzas pero dos que  non temos coñecemento. Iniciemos pois a procura dese material.

No hay comentarios:

Publicar un comentario