viernes, 16 de marzo de 2012

Unir ou dividir PDF

Hoxe quérovos presentar unha aplicación que atopei debido á necesidade de unir varios documentos en PDF nun mesmo archivo para facer un periódico.

Surfeando pola rede atopei unha que se chama ilovepdf. Aquí podemos unir ou dividir documentos que estean neste formato segundo as nosas necesidades.

A aplicación funciona on-line e non hai que descargar ningún programa ao noso ordenador, tampouco hai que rexistrarse. Unha vez que descarguemos no noso ordenador o novo documento creado, podemos eliminalo da rede. Pero ademáis danos un enlace para que poidamos descargalo ata unha hora despois da súa creación, pasado ese tempo elimínase o documento automáticamente.

Pareceume moi interesante ademais de sinxelo e cubre esta necesidade que temos ás veces.

No hay comentarios:

Publicar un comentario