sábado, 26 de marzo de 2011

AS IMAXES NA REDE

            Cada vez que necesitamos algunha imaxe para facer os nosos traballos, imos a Internet, e na maioría dos casos entramos en Google - Imaxes, poñemos o nome do que buscamos e ala atopamos a foto ou imaxe que máis nos gusta e gardámola no ordenador.

          Non temos en conta si a imaxe pode ter dereitos de autor, e en moitos casos sí os ten. As imaxes son propiedade dalguén e non as podemos usar sen o seu consentimento, sobre todo se preparamos traballos que logo imos colgar na Rede.

Pero hai moitas páxinas que nos permiten utilizar as súas imaxes baixo a licenza de Creative Commons.



Aquí vos quedan os enlaces a algunhas desas páxinas:

ARASAAC

BANCO DE IMAXES DO INSTITUTO DE TECNOLOXÍAS EDUCATIVAS



FOCA


     

1 comentario:

  1. Muchas gracias por todos estos enlaces, Isabel. Me encanta Foca , no lo conocía .

    Enhorabuena por el blog !

    ResponderEliminar