martes, 11 de octubre de 2011

DROPBOX

Últimamente estou tentando preparar algúns materiais interactivos para a miña aula. Como vistes nunha publicación anterior estaba probando o programa EDILIM para facer libros interactivos. Conseguín facer un e logo só funcionaba no meu equipo. Non había forma de publicalo no blog para que os meu alumnado puidera traballar con el.

Depois de horas de búsqueda na Internet topeime con




Dropbox é unha especie de disco duro virtual.  Primeiro temos que descargalo ao noso ordenador onde se creará unha carpeta na que podemos meter aqueles archivos aos que queiramos ter acceso dende calquera equipo. Isto faise mediante dúas modalidades:

1º se queremos compartir os arquivos entre o noso portátil, o noso equipo de sobremesa e o noso móbil. Crearemos en cada dispositivo unha carpeta dropbox baixándoa desde o enlace anterior. E cada vez que metamos algo nesa carpeta aparecerá inmediatamente en todos os nosos equipos.

2º se queremos acceder aos nosos archivos desde outros equipos, como por exemplo o ordenador do traballo, só temos que acceder á páxina de dropbox na rede, iniciar sesión e xa temos alí todos os nosos arquivos. 

Ata aquí xa me parece unha aplicación interesantísima. Temos aquí 2GB de memoria que podemos usar sen pensar en levar o noso propio equipo ou o pen para non esquecernos dos arquivos necesario para a nosa labor.

Pero, aínda hai máis.

Na carpeta de dropbox instalada no noso ordenador temos outra carpeta que se chama pública.
Todo o que metamos nesa carpeta pode ser compartido con outras persoas mediante un enlace web. Isto permítenos subir actividades creadas por nós mesmos para logo enlazalas dende o noso blog ou calquera outro espazo web, ou incluso mandarlle a dirección a alguén por correo, para que teña acceso a ese documento. 

En definitiva, que DROPBOX nos pode axudar moito á hora de levar os noso archivos sempre conosco. 

2 comentarios:

  1. Ola Isabel, tamén podes empregar a tua conta de dropbox para incrustar os LIM no Blog, o tes todo explicado en:

    Dirección: http://chiscos.net/limdrop
    Manual:http://chiscos.net/limdrop/ldayuda.html

    Apertas
    www.ensinodixital.net

    ResponderEliminar
  2. Ola Felo, moitísimas grazas. Tan pronto como me sexa posible poñereino en práctica. Era xusto o paso que me faltaba.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar