miércoles, 9 de noviembre de 2011

Fotos con licenza libre

Cando queremos elaborar algunha presentación con fotografías, non sempre temos feitas aquelas que precisamos. E na maioría dos casos recurrimos a Google para buscar as imaxes. O problema deste tipo de busca é que logo empregamos imaxes que teñen dereitos de autor.

Existen na rede algunhas páxinas que nos facilitan a busca de imaxes que podemos reutilizar nomeando o autor das mesmas.

Aquí vos quedan:

http://www.everystockphoto.com/

Busca as imaxes entre moitos bancos de imaxes, pero está en inglés e temos que poñer os termos de busca en inglés para atopar o que queremos.

http://www.flickr.com/creativecommons/

Páxina en castelán na que podemos atopar fotos con licenza creative commons.

No hay comentarios:

Publicar un comentario