Mostrando entradas con la etiqueta Banco de imágenes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Banco de imágenes. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de diciembre de 2011

Más imágenes libres

Aquí os dejo otra página en la que podemos encontrar fotografías libres de derechos.



Está en inglés, pero es muy fácil de usar, porque tiene un buen buscador.

miércoles, 9 de noviembre de 2011

Fotos con licenza libre

Cando queremos elaborar algunha presentación con fotografías, non sempre temos feitas aquelas que precisamos. E na maioría dos casos recurrimos a Google para buscar as imaxes. O problema deste tipo de busca é que logo empregamos imaxes que teñen dereitos de autor.

Existen na rede algunhas páxinas que nos facilitan a busca de imaxes que podemos reutilizar nomeando o autor das mesmas.

Aquí vos quedan:

http://www.everystockphoto.com/

Busca as imaxes entre moitos bancos de imaxes, pero está en inglés e temos que poñer os termos de busca en inglés para atopar o que queremos.

http://www.flickr.com/creativecommons/

Páxina en castelán na que podemos atopar fotos con licenza creative commons.

jueves, 31 de marzo de 2011

Zenzi.org

Outro banco de imaxes interesante baixo licenza de creative commons. Ten fotos moi bonitas para facer traballos cos nenos e nenas. 

Recoméndase que se lle de ao alumnado o enlace coa busca xa encamiñada. Cómo o que se ve na imaxe.







DIBUJALIA

Aquí vos presento outra páxina da que podemos sacar imaxes. Só necesitamos un minutiño para rexistrarnos para poder acceder a todas as opcións que esta aplicación nos ofrece.

Teñen variedade de debuxos para colorear catalogados por categorías. Podemos escoller as que máis nos gusten e gardalas como favoritas para acceder a elas cada vez que as precisemos.







sábado, 26 de marzo de 2011

AS IMAXES NA REDE

            Cada vez que necesitamos algunha imaxe para facer os nosos traballos, imos a Internet, e na maioría dos casos entramos en Google - Imaxes, poñemos o nome do que buscamos e ala atopamos a foto ou imaxe que máis nos gusta e gardámola no ordenador.

          Non temos en conta si a imaxe pode ter dereitos de autor, e en moitos casos sí os ten. As imaxes son propiedade dalguén e non as podemos usar sen o seu consentimento, sobre todo se preparamos traballos que logo imos colgar na Rede.

Pero hai moitas páxinas que nos permiten utilizar as súas imaxes baixo a licenza de Creative Commons.



Aquí vos quedan os enlaces a algunhas desas páxinas:

ARASAAC

BANCO DE IMAXES DO INSTITUTO DE TECNOLOXÍAS EDUCATIVAS



FOCA